Cancións de amor e liberdade. Así se chama o terceiro traballo de estudio da banda. E está a ser gravado nos Estudios Mafia do Carballiño. Os Nao pretenden ter o traballo listo e editado o 26 de febreiro de 2013 e comezar unha xira de presentación polo país en marzo dese ano. Mais para dar feito todo isto, piden a axuda de tod@s para recadar os fondos precisos.


En Agosto deste ano Nao comezou a preprodución-composición do disco nos Estudios Mafia do Carballiño, da man de Óscar Fernández "Chichi". E despois de máis de 4 meses afirman que o que comezaron sendo ideas soltas agora son un disco sólido e sen fisuras. Agora queren rematar o disco, facer a edición física do mesmo, gravar un videoclip e comezar xira. Para dar realizado todo o proxecto precisan 5.000 euros que piden a través de verkami.com. No primeiro día xa conseguiron 720€. Aquí tedes o texto e mais o vídeo, -tirados do seu crowfounding-, onde o explican todo.

POR QUE CANCIÓNS DE AMOR E LIBERDADE?
Porque iso mesmo é o que leva facendo NAO oito intensos anos. Este pretende ser o noso disco definitivo, é por iso que resume no seu título dun xeito tan directo a filosofía da banda.
Agora mesmo temos 10 cortes gravados e imos comezar en Xaneiro a mistura.
Do mesmo xeito temos xa escomenzada a gravación dun videoclip coa produtora audiovisual Oitoemedio produccións.
A nosa idea é ter todo listo e editado o 26 de febreiro de 2013. E comezar unha xira de presentación por Galiza
en marzo.
Para isto precisamos que nos botedes unha man. A cambio tedes recollidas aquí os agasallos que recibiredes por ser con nós partícipes deste novo disco.

AS VOSAS ACHEGAS IRÁN DESTINADAS A PAGAR:
A produción, gravación e masterización do disco nos Estudios Mafia Records (O Carballiño).
Edición física de 1000 Cds en formato digipack
Deseño do disco, web e social media.
Fabricación de 100 camisolas, 500 cartaces da xira e 200 colantes.
Gravación dun videoclip.

O que vos pedimos non é o total do que isto custa senón só unha parte.
Xustamente o que nos falta por pagar.


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.