Enterámonos na web da Asociación de Gaiteiros Galegos do proxecto que están a argallar @s músic@s tradicionais do país co gallo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Desde a asociación fan un chamado a todos os grupos tradicionais do país para participaren na homenaxe á nai das letras galegas que se ha celebrar o vindeiro día 24 de febreiro pola mañá. A idea é sinxela: Fagamos soar ese día milleiros de alboradas por Rosalía!
Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" por Rosalía de Castro.
Dende a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo, están a organizar distintos actos para conmemorar os cento cincuenta anos desta obra única.
Logo de que a Real Academia Galega se puxese en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos para a organización dunha destas actividades, a AGG decidiu unirse a estas entidades para promover a “ Alborada para Rosalía”, un acto no que se homenaxeará a Rosalía de Castro. A cousa é sinxela. Todas as formación tradicionais que queiran participar tan só teñen que saír tocar unha peza, -a que lles pete-, na mañá do domingo 24 de febreiro. Onde quixeren: rúas, camiños, prazas, lugares senlleiros das súas vilas, aldeas ou cidades. Poden tamer repartir unha octavilla cun manifesto que logo ha estar na rede, explicando a iniciativa. Teñen que gravar cun móbil ou cámara a actuación, -ou canda menos facer uhas fotos-, e envialas esa mesma mañá. En www.rosaliadecastro.org hase subir axiña a información para ver como subir o material á rede. Desde a Asociación de Gaiteiros Galegos pídenlles aos grupos interesados en participar que lles envíen un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou que chamen aos tlfs. 982229966 / 986847074, indicando o lugar e a hora na que van interpretar a peza.