O vindeiro sábado 23 de marzo publicarán o novo disco, gravado este inverno despois do éxito obtido na súa campaña de micromecenado en Verkami. Nao embarcouse nunha xira de presentación que comezou o pasado sábado no Carballiño e que terá paraxe en moitos puntos da nosa xeografía nas vindeiras semanas. 3 esta mesma fin de semana. A primeira, HOXE xoves, na sala Capitol de Compostela. Consulta as datas e escoita o disco no interior!
Xa é posible escoitar Cancións de Amor e Liberdade, o novo traballo dos Nao. E tamén vai ser posible gozalo ao vivo, pois a banda argallou unha xira que os ha levar por toda Galiza. Primeiras paradas: xoves, Compostela, venres Pontedeume e sábado A Coruña. Deixámosvos o texto promocional que Santa Guerrilla nos enviou a propósito do novo disco.
"Historias repetidas unha e mil veces... excepcións cheas de dignidade; “ser valentes nun país de vergoña”. Ser coraxe á indiferenza política, cultural,social… nunha dura realidade onde o simple feito de cantar e interactuar na lingua propia convértese nun acto militante. Que a día de hoxe unha banda como NAO axite a escena galega cun novo traballo tan impresionante como “Cancións de amor e liberdade”, faime recordar que, aínda que moitos neguen a evidencia, nun país onde o compromiso e a creatividade non abundan, eles sexan capaces de demostrar nestes trece temas que con esforzo, paixón e persistencia todos podemos chegar a ter o noso momento. E este é o seu.
Sen dúbida NAO facturou o disco que levan anos procurando: máis melódico, máis variado, máis poético, directo… É un disco que consegue o que poucos; manter un nivel alto do principio a fin. Que logra poñernos a pel de galiña coas súas letras, mentres percorremos unha viaxe entre o amor e a liberdade por riba de todo.
Moitos podedes pensar que despois de oito anos e dous discos un vai cheo de recordos e poucos soños; escoitade este novo traballo...porque NAO toma corpo e medra. Medra entre escenarios e estradas; entre desertos e barricadas; entre aplausos e sorrisos; entre golpes baixos e bágoas. NAO é metáfora, axitadora e rebelde. É un latexo común. NAO mira cara adiante…. “Cancións de amor e liberdade” é uns cantos pasos adiante, e así convértense, por méritos propios, nunha das mellores bandas do país, que fan deste disco unha XA referencia fundamental da música galega."
Pero, coma sempre, o mellor é opinares ti, aquí o tes!
{fcomments}