Sés, o proxecto musical de María Xosé Silvar, presentará este venres no escenario do Garufa a súa nova banda. A coruñesa tocará arreo coa nova formación estas semanas e tamén anuncia a saída esta primavera do seu segundo traballo, que está a gravar con eles: o seu partenaire no formato acústico, o guitarrista Tito Calviño, ao que se unen Fran Sánz ao baixo e Marcos Pazo á batería.


SÉS e o proxecto musical da coruñesa María Xosé Silvar, licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social e formada na música e no baile tradicional. Silvar comezou no ano 2007 a súa andaina musical formando, xunto con 3 amigos, o grupo "Chámalle Xis!". No ano 2011 edita o seu primeiro álbum en solitario, "Admirando a Condición", o cal, e tras máis de 100 concertos por toda Galiza e parte do estranxeiro, a converte nunha figura consolidada na música galega.


Na primavera de 2013 verá a luz o seu agardado segundo traballo
.

O concerto de este venres no Garufa vai a ser a estrea enriba dos escenarios da nova banda de Sés, banda coa que está a gravar este segundo disco e coa que levará a súa música ao vivo a partir de agora.

A banda está formada por Sés (voz e guitarra), Tito Calviño (guitarra), Fran Sánz (baixo) e Marcos Pazo (batería). Camiñan entre a electricidade do blues e o swing do sur dos Estados Unidos e os suaves e cálidos ritmos de America do Sur.

SÉS
Sala Garufa
Rúa San Francisco, 8  (Zona Vella - A CORUÑA)

Venres 22 de Marzo
Apertura de portas: 22:30h
Concerto: 23:30h  
Entrada: 8€   Reservas en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

{fcomments}

AO VIVO