A banda máis festeira do Morrazo volve estar activa. A Tuna Rastafari, despois de dous anos de parón, volveu coller os aparellos e prepara novo disco e xira para este verán. A estrea da nova xeira da Tuna será o 22 de xuño cun concerto en Cangas. Entrementres, van ir apresentando o seu novo material. Aquí vos queda a primeira canción desta nova Tuna. Unha ranchera na liña dos temas máis coñecidos da Tuna, cantada desta volta en castelán: La Reina de Saba. Accede ao artigo para a escoitares!

A Tuna volveu con algúns cambios na súa formación. Así, Álex, Cunani e Markos seguen nunha formación á que se incorporan Anxo Graña e Gabi. Ademais, o propio Graña, alén de tocar no grupo, está a ser o encargado de producir os novos temas da Tuna. Como poderedes comprobar, no son dos novos temas da Tuna xa se deixa notar a man do músico e produtor do Hío.

Aquí vos queda La Reina de Saba, unha ranchera que lle canta ao desamor.

{music}images/stories/descargas/atunarastafari{/music}


{fcomments}

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.