Sacha na Horta ten disco novo. Despois do 'Temos moito por sachar' chega 'Fóra do regho'. Cinco novos temas, -habituais tamén dos seus concertos-, onde ten cabida o rock, o ska, a mestizaxe e pingadelas doutras herbas coma o hip-hop. Politicamente incorrectas mais seguidoras do balla e difendi, do convite á festa e á reflexión, Sacha son acedas e positivas por partes iguais. Festeiras, pero cunha retranca importante e o traballo é unha boa mostra do que podes atopar nun directo da banda. Escoita 'Fóra do regho' no interior do artigo.

Podes escoitar e descargar os cinco temas. No bandcamp de Sacha na Horta podes atopar tamén o seu anterior traballo para escoitar ou descargar.


{fcomments}

AO VIVO