No bandcamp de García Mc xa está dispoñible 'Abaixo e de Remix', o 'Abaixo e de Pé' de García Mc remesturado por varios produtores habituais da escena galega. Catro temas do de Ordes revisitados por Croma, -Abaixo e de pé-, Mou, -O oficio da palabra-, Paino, -Amor e sangue en Chiapas-, e Hevi, -Rúa abaixo-. Podes escoitalos no interior do artigo.

Escoita "Abaixo e de pé" remesturado polos produtores musicais: Croma, Mou, Paino e Hevi. Os temas están producidos e mesturados polos seus respectivos productores indicados nos títulos. Coas colaboracións de Anxelo de Xermar no Baixo e Miguel Duarte na Guitarra no Remix de Croma e de Tomás Ageitos na mestura de Paino, así como dun Pipote de Ribeiro no Remix de Hevi. Redeseño da portada orixinal de Gran OM por Xúlio Zé (ArinsPunk). Todos os temas están masterizados por Javier Mourón "Mou" en Rapapoulo Estudio.



{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.