Os Destemplados presentan o 29 de novembro o seu primeiro EP. A banda de Cambre levará Fermentando elementos até a Sala Filomatic da Coruña. O traballo tenta reflectir o estilo ecléctico da banda, mais sempre no rego do rock, polo que camiñan desde o rock máis clásico até o grunge. Estarán acompañados polos Hormigón, que farán a súa estrea enriba dos escenarios.


Avalados por unha traxectoria de cinco anos de actuacións en directo, e tras pasar polos escenarios do Festival Brincadeira, Festival Derrame Rock 19, Noites Rock 2014 de Cambre, e numerosas salas e locais da comarca da Coruña, Destemplados presentará o vindeiro 29 de novembro, as 22:00, na Sala Filomatic da cidade cascarilleira o seu primeiro traballo de estudio, Fermentando elementos. O disco está composto por seis temas que pretenden ser reflexo do rock ecléctico que practica a banda. Este evento servirá tamén para a presentación en sociedade do grupo Hormigón, que debutará oficialmente enriba dos escenarios.

E quen veñen sendo estes Destemplados do Temple?

A formación, composta polos irmáns Pablo e Kiko Moar o baixo e guitarras, Diego “Cid” á batería e Bibi Portela á fronte do grupo como vocalista, pretende dar un golpe na mesa co seu primeiro EP. Os Destemplados déronse a coñecer despois de gañar o concurso Novoson da Radio Galega. Isto permitíulles subir ao escenario do Derrame Rock 2014 realizado o pasado xuño en Ourense. Con Fermentando elementos a banda vai collendo un camiño bastante claro cara a estilos grunge e underground, de feito nos seus directos non falta algunha versión de Nirvana. Cun directo moi potente esperan ter unha boa acollida na presentación que realizarán en breve.

En abril deste ano publicaron o seu primeiro videoclip, que mostra moi ben cal é o son dos Destemplados.

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.