Chega a primavera e a Esquíos ademais de se lles alterar o sangue, entráronlles unhas ganas tolas de gravar un novo disco. Trátase dunha nova colección de cancións que capturen o seu momento vital actual e que reflictan a súa carraxe co que está

a pasar, o seu lado máis combativo tanto a nivel lírico coma musical...e coma as cousas e mellor botalas fora que calalas, a comezos de abril hanse pechar dous días nos Bonham estudos da Coruña para gravar ao unísono, coma adoitamos facer, dez novas pezas que incorporaran novos elementos coma retazos de música surf, hip-hop, rock industrial..., vellos xa coñocidos…e o que se lles ocorra alá.

O título : A DIANA SOMOS TOD@S. Estades avisad@s!