Os vigueses Ghaveta son un cuarteto formado por Beatriz Martínez,  Felipe Rodicio, Marta Mtnez Valladares e Diego Langarika, todos eles con ampla experiencia musical previa. Agora, dous anos despois de botar a andar conxuntamente este novo proxecto, Ghaveta escolleu a plataforma de crowfounding de Verkami para rematar o proceso de gravación e edición do seu disco de estrea. Aínda estás a tempo de colaborar.

Deixámosvos o texto que os propios Ghaveta subiron ao seu Verkami, onde podedes tamén facer a vosa achega desde os 12 euros.

Descrición do proxecto

#Que é Ghaveta??

Somos un cuarteto que vos convida a un percorrido pola música galega, indo dende a máis tradicional ata a máis novidosa, da man de instrumentos capaces de ofrecer infinidade de timbres e texturas distintas dentro da calidez propia da música de raíz.

O grupo está formado por:

Beatriz Martínez Arpa

Felipe Rodicio violín

Marta Mtnez Valladares voz, bouzouki e percusións

Diego Langarika guitarra acústica e bouzouki

Todos cunha ampla traxectoria musical previa. Comezamos a camiñar xuntos con este formato no 2013. Logo de moita música, concertos, debates, escollas e experiencias vividas durante estes dous anos este proxecto quere facerse realidade.

DISQUE?

Disque contará con nove temas. Muiñeiras, xotas e agharrados, xunto con novidosas propostas que nacen na Ghaveta das nosas cabezas e corazóns. Nesa Ghaveta que todos temos, onde gardamos aquilo que somos e queremos expresar.

Disque é un traballo para compartir, no que tod@s @s que formáchedes, formades e formaredes parte da nosa traxectoria estades presentes. Por iso queremos materializalo e que poidades vivilo con nós.

 A qué destinaremos as vosas achegas?

As aportacións irán destinadas á fabricación das copias do cd, ademáis dos últimos detalles de mesturas e masterización.

Cantos máis sexamos mellor será o resultado! videoclip, merchandising, e un monte de ideas e retos máis nos andan polo corpo...e para realizalos contamos coa túa aportación, pola cal recibirás a recompensa que escollas!!

Calendario previsto

Segundo o previsto xa comenzamos a grabación neste mes de marzo, xunto a un dos grandes Isaac Millán. Unha grabación en directo, cos pequenos detalles de sinceridade, enerxía e traballo que este tipo de grabación implica.

No mes de Abril ultimaremos detalles para ter o disco listo para entregar en Maio, que será cando o teredes na vosa casa xunto coas vosas Ghaveta recompensas!

En calquera caso iremos informando dos avances do traballo, que poderedes seguir na nosa páxina de facebook e a través de Verkami.

{fcomments}




Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.