Little Rock comprácese en anunciar a saída do último álbum de Esquíos diana somos tod@s, dispoñíbel a partir do 1 de maio. A diana somos tod@s é un conxunto de 11 cortes de punk-rock autoproducido e gravado ao unísono, nos estudios Bonhan da Coruña. Esquíos definen este traballo coma unha foto fixa dun intre concreto. nda miña mente fala é o tema escollido para lle gravar un videoclip, que axiña verá tamén a luz. Escoita os dous adiantos do disco dispoñíbeis xa na rede!

Esquíos é unha banda de directo formada no 2005 na Estrada (Pontevedra), con 8 discos publicados. Na actualidade Esquíos é xestionado por Little Rock, empresa dedicada ao management, booking, promoción e marketing de bandas.

"Estamos nun momento conbativo e cheos de enerxía, enfadados co  que pasa ao noso arredor, pero contentos por poder contalo"

Á espera da publicación do novo disco e do novo videoclip, polo de agora só podemos escoitar estes dous adiantos, As nosas armas e Asalariado.


{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.