Moitas novidades para Chotokoeu. Veñen de rematar a gravación en Pau (Francia) do seu segundo disco, "Saír a voar", e de facer unha intensa xira por España, da que vos falaremos dentro de pouco. Ademais, teñen concerto solidario en Uxes este sábado e anuncian presentación do novo disco o 21 de maio na Sala Garufa,

O grupo, radicado en Uxes (Arteixo), presentará o seu segundo disco, gravado no sur de Francia, o 21 de maio.  A pasada fin de semana acabou por todo o alto a súa primeira xira por España, gañando, entre máis de 30 bandas, o Trebu Festival de Música Callejera de Trebujena (Cádiz).

Con máis de 300 concertos ás costas en cinco anos Chotokoeu está que non para: despois da gravación do seu novo disco, fan a súa primeira xira por España en abril (comezando en Pau, Francia, e percorrendo Reus, Ponferrada, Cádiz ou Granada, chegando ao “sold out” na Sala Caracol o 10 de abril.

Ademais, a pasada fin de semana foron escollidos entre 300 bandas para participaren no Trebu Festival, un evento que enche de música as rúas de Trebujena (Cádiz), e gañaron entre as 33 bandas participantes o primeiro premio.

A presentación do novo disco será o vindeiro 21 de maio na Sala Garufa da Coruña, e xusto despois iniciarán a que xa é a sexta xira por Europa (por Francia, Bélxi
ca, Holanda, Alemania, Suíza, Inglaterra e República Checa), pasando tamén polo Iboga Summer Festival no mes de xullo en Cullera, xunto a grupos coma Asian Dub Foundation ou Fanfare Ciocarlia. Por se fose pouco, seguen explorando novos horizontes coma Rusia, Macedonia, ou Latinoamérica. Mais antes teñen outra cita, na aldea que os acolle desde hai un tempo. Este sábado 9 de maio concerto solidario co banco de alimentos da Coruña, onde interpretarán temas propios e versións de grupos galegos que as súas fans lles propoñen nas redes sociais.

Este disco foi gravado en Pau (Francia) no mes de marzo, con colaboracións do calibre de Kimbalá (abreconcertos oficial de Manu Chao, e producidos por Gambeat).


O potente directo de Chotokoeu fai deles un dos poucos grupos galegos con  esta capacidade de arrasar en Europa: a súa festiva proposta abrangue estilos coma o Balkan, o Rock, o Swing e o Drum&Bass, e a vocalista (e violinista) entoa os temas en galego, castelán, italiano e inglés, á fronte dunha agrupación de sete persoas que leva sete anos nos escenarios, e foi evolucionando até a dedicación exclusiva á música. O seu espírito innovador e activo quedou demostrado na organización de eventos colaborativos como Noites de Luz, Caravana de Emerxencias ou Festival Vibra Balboa, en
harmonía co seu estilo de vida: nun ámbito natural, para traballar na súa música, e dinamizar ao tempo zonas rurais case despoboadas de xente nova.

FOTOS: arquivo GZmúsica e web Chotokoeu

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.