Xoves 18 de febreiro, ás 20h, a libraría Lila de Lilith acollerá a presentación en Santiago do segundo disco de MJ Pérez. A cantante arzuá é unha das novas voces da música galega que veñen pegando forte. Inicia o seu camiño en 2014 e acumula xa máis de 30 concertos ás súas costas, pasando por diversas salas e incluso festivais como o Noroeste Pop Rock en 2015, ano en que publicou Guerrilleira.

Despois de ter compartido escenario con artistas como Mäbu, Silvia Penide ou Ivy Moon e colaborar en diversos recitais con poetas como Mercedes Leobalde, MJ presenta o seu último traballo: Guerrilleira. Un álbum cunha ducia de temas unidos por un motivo común: a guerra. Cada canción fala dunha historia individual e, ao mesmo tempo, o disco conta a historia dun conxunto articulado por un conflito bélico. Podes escoitalo no seu bandcamp.

Paralelamente á xira mediante a que MJ percorre salas de todo país, a artista presenta tamén o seu último disco dun xeito máis cercano por diferentes librarías galegas. O próximo destino será a Libraría Lila de Lilith en Santiago o vindeiro xoves 18 de febreiro ás 20:00 h. Desta volta estará acompañada por Inés Mirás (Ivy Moon) ao violín. O acto rematará cunha sorpresa final que reunirá a música, o teatro e a poesía todo en un.

{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.