O grupo grava estes días o videoclip co que presentará o seu novo traballo, "Lume e rebeliom" en localizacións do sur do país. A presentación deste novo disco será o vindeiro 30 de abril na sala A Farándula de Vigo mais hoxe tamén será posíbel ver en acción a crew do Condado pois estarán esta noite ás 22:30h abrindo o concerto de Dakidarría na Sala Masterclub tamén da cidade olívica.

Dende hai xa moitos anos, falar de HipHop en galego é falar da Rebeliom do Inframundo, o grupo composto na actualidade por Nervo, Malvares deMoscoso, Frank, Movementss e mais o Ichi.

O grupo atópase en plena rodaxe estes días, no que será o videoclip que presentará o seu novo traballo "Lume e Rebeliom", baixo a produción de Néboa Films e a dirección de Alberto Lora e Sergio Cora, O grupo percorre o sur da provincia de Pontevedra con localizacións en Barcia de Mera, Xinzo, Beade e Vigo. Cómpre destacar a participación de Íria Medranho, Alberto Lora Martínez e Francisco José Sobreira como protagonistas desta historia.

Nesta nova canción que conta coa voz de Íria Medranho e Nervo, sobre unha instrumental de Movementss; o grupo rinde tributo á xa mítica "Cantiga para unha antroirada" do célebre X. Luís Rivas Cruz "Mini" (Fuxan os Ventos).

Hoxe venres 8 de abril, o grupo terá unha importante cita na Sala Masterclub (Vigo), onde abrirán o concerto presentación da xira "De cuncas
e de mar", deDakidarria; despedindo finalmente o seu anterior disco, "A Sorpresa" e quentando motores para a presentación, o sábado 30 de Abril, do seu novo traballo "Lume e Rebeliom" na sala, "A Farándula" (Vigo).

Música potente, letras duras e muita enerxía, como diría o propio grupo, -Lume e Rebeliom!

{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.