Axenda

Kin García Trío
quinta feira 20 abril 2017
Vistas : 177

KIN GARCÍA é un dos mais representativos contrabaixistas da escena do jazz galego e a world-music cunha longa traxectoria nacional e internacional e que ten colaborado con músicos da talla de Jorge Pardo, Mathew Simons, Tom Guyon, Tom Harret, Billy Pierce, John Smith, Tony Lazan, Dulce Pontes, Uxía, Berrogüeto, Rodrigo Romaní, Capercaillie, Talabarte, Joao Afonso, Filipa Pais, Nani García, Gabriel Evens, Alberto Conde, Walter White, Steve Brown… Xunto a estos últimos chegou a estar prenominado ós premios Grammy por Atlantic Bridge, disco gravado en New York no 2009. Actualmente compaxina a docencia como profesor do Conservatorio Superior de Música de A Coruña na especialidade de jazz, coa súa carreira personal como intérprete. 
“Xingra coma a area”, con Jacobo de Miguel ó piano, e o batería Noli Torres, é o seu último proxecto discográfico e discorre na misma liña dos anteriores traballos cun estilo ben definido (European Jazz Concept) sendo unha música que recrea paisaxes autobiográficas e que percorre, a través de sete intensos temas, lugares e momentos que quedaron impregnados na memoria do autor.

Lugar: Filloa Jazz Club - A Coruña