Axenda

III Ciclo de Jazz A Corte dos Bois
sábado 08 abril 2017
Vistas : 140

Comezamos este sábado 8 de abril o III Ciclo de Jazz da Corte dos Bois. Ás 21h00, a mellor hora para tomar un viño e un s petiscos, con Xacobe Martínez Antelo Trío

O songbook persoal de Xacobe Martínez Antelo achégase xa ó medio centenar de composicións. E todo este material está publicado nas distintas entregas discográficas que o contrabaixista de Compostela foi deixando polo camiño.

E é para revisitar este rico mundo compositivo dunha forma extensa e intensa que nace este novo proxecto. Xacobe Martínez Antelo continúa na senda da tradición xenuinamente jazzística con esta renovada formación a trío: saxo tenor, contrabaixo e batería, da man de Xosé Miguélez e Max Gómez. Jazz Galego de primeira liña, en libertade, e sen complexos...

Lugar: A Corte dos Bois - Santa Ana, Sandiás (Sandiás)