Axenda

Festival Primos Hermanos 2017
sábado 01 abril 2017
Vistas : 134

Un ano máis, Desconcierto Cultural continúa ca misión autoimposta de achegar ás comunidades veciñas a base de propostas musicais.

O festival Primos Hermanos consolídase ó chegar á 4ª edición, manténdose nas mesmas cidades aínda que varía algún dos espazos.

O programa de Santiago do 1 de abril é o seguinte:

13:00 horas, Sesión sidrina no Bar Embora - Catete Rococó (entrada libre)
18:00 horas, Casa das Crechas - San Jerónimo I Pauline en la Playa
21:00 horas, Riquela Club - La Bande I Captains

A comida de irmandamento compostelana mudará de emprazamento e terá lugar no Restaurante Moha e na mesma desfrutaremos de propostas gastronómicas de ambas comunidades.

Primeiros: Caldo galego / Fabada asturiana
Segundos: Caldeirada de merluza / Escalopines ó cabrales

Viños de Viña Reboreda, cervexa Estrella Galicia e auga.

Postre e café.

A comida ten un prezo de 16 euros e podes mercala neste enlace:
https://entradium.com/entradas/primos-hermanos-2017-comida-irmanamento

Lugar: Santiago de Compostela