Gloria Mosquera Roel e Tomi López, fundadoras de Mamá Cabra, organizamos e convidamos a amigxs e seguidorxs da música infantil a participar neste concerto solidario co que nos unimos á campaña que en xaneiro deste ano lanzaron desde o Grupo de Oncoloxía Médica Translacional Oncomet do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, é este un grupo multidisciplinar formado por investigadorxs básicos e clínicos, que centra a súa investigación nun dos maiores desafíos actuais en oncoloxía, as metástase, abordando o seu estudo sempre tratando de cubrir necesidades clínicas reais; desde e para as doentes.
Neste concerto participarán as organizadoras deste fermoso festival:Gloria Mosquera Roel e Tomi López, e estarán acompañadas por: Diego Maceiras no acordeón, Iago Rodríguez, Javier Constenla no piano, Harry Price no violín, Carliños Freire na batería, Brais Das Hortas na guitarra ePablo Vidal Mendoza no contrabaixo.
Uxía , Chus Domínguez Senlle e Ana Domínguez Senlle, Xoán Curiel,Magin Blanco Garcia, Paco Nogueiras Nodar, Olga Kirk e Pablo Díaz Carroencherán o escenario de música e voces coas que celebrar este festival solidario.
Luchi Iglesias, Pepablo Patinho Penya, Jorge Casas Caneiro e Montse Piñón serán as encargadas de achegar a parte teatral a este día.
Do son encargarase: Manuel Dourado Martínez (Madouma) e da produción executiva Urdime.
Agardámosvos para xuntxs facer realidade a biopsia líquida.
As entradas para o concerto xa se poden adquirir polo prezo de 5’00 € (menores de 3 anos, 2'00 €). Ademais, tamén se habilitou unha fila cero para aquelas persoas que non poidan asistir e que queiran facer unha achega económica.
Venda de entradas: Taquilla da Praza de Ourense
Ticketea I bit.ly/2ooWoeR
Fila Cero: Transferencia bancaria á conta de Oncomet en ABANCA ou nas súas oficinas ES68 2080 0300 8730 4556 7736