Axenda

Luar Na Lubre
sábado 20 maio 2017
Vistas : 158

Sábado 20 de maio ás 20:00 h.

Luar na Lubre celebra en concerto o seu XXX aniversario, cun extenso concerto recompilatorio do seu repertorio máis varias cancións novas.

Ao longo da súa carreira, Luar na Lubre vendeu máis de 300.000 exemplares dos seus álbums (Plenilunio e Cabo do mundo foron discos de ouro) e recibiu nove Premios da Música (concedidos pola Academia das Artes e as Ciencias da Música), dous Premios Luar (outorgados polo programa Luar de TVG) e un Premio Ideal (concedido polo Ideal Galego), entre outros recoñecementos. Nos seus 30 anos de traxectoria, Luar na Lubre deu máis de mil concertos en máis de 23 países, participando nos principais festivais de World Music xunto a artistas como Mike Oldfield, The Waterboys, The Corrs ou Bob Geldof.

Prezos:
ABONADOS: 8,40 € 
PÚBLICO XERAL: 12,00 € 


Lugar: Pazo da Cultura - Narón