Axenda

Festa 10º Aniversario A Senra
sábado 06 maio 2017
Vistas : 151

2007-2017 X ANIVERSARIO A SENRA CAFÉ

Este 6 de maio, coincidindo co noso aniversario queremos celebralo por todo o alto rodeados de todxs vos. Recordar e agradecer que, sen vós, non sería posible estar onde estamos.

Comezamos as 18.00H. cos máis cativos con Uxía e Magín Blanco, máis colaboradores de María Fumaça. A continuación seguirán entretidos grazas a Mancuco.

Para o remate do gran día, as 22.30h., Tres Pesos, Alvariza e Tanxugueiras.

Entrada de balde. Prezos populares. Posto de comida. Aparcadoiro.

"Dez anos non son nada"

Lugar: A Senra Café - Pontevea, Reis (Teo)