Axenda

Zumaque Trío-APRAZADO
sexta feira 19 maio 2017
Vistas : 151

Sentimos moito ter que aplazar o concerto desta noite no Airas Nunes por cuestions de saúde. En breve anunciaremos nova data para ese evento. Ata pronto !

Zumaque Trío é unha formación de recente creación, integrada por tres músicos afincados en Compostela, cunha longa traxectoria nos seus ámbitos musicais. A harpista bretoa Bleuenn Le Friec, cunha dilatada experiencia na música sinfónica, o contrabaixista Alfonso Calvo, vencellado a múltiples proxectos do jazz e as músicas improvisadas, e o clarinetista Pablo Pascual, que desenvolveu a sua carreira en diversos ámbitos, pero sempre comprometido ca música tradicional galega.

Zumaque Trío propón un percorrido renovado polos diferentes ritmos da música tradicional cunha absoluta renovación estética, e cun importante espazo para a creación espontánea e a improvisación. Poñen en valor e dinamizan estructuras e harmonías da música tradicional, cunha tímbrica novidosa e uns arranxos coidados.

Estarán connosco este venres 19 ás 20:45...a entrada é de balde ata compretar aforo.

Lugar: Airas Nunes Café - Santiago de Compostela