Axenda

Servando Barreiro
sábado 20 maio 2017
Vistas : 134

A partir dos contos e obras de teatro infantil de Carlos Casares, o bardo Abelardo (Servando Barreiro) fai unha adaptación dos mesmos para podelos contar e cantar acompañado da súa concertina. O resultado é un espectáculo con contos intercalados con cantigas participativas, o que lle confire unha gran forza rítmica para captar a atención de todo o público.

Espectáculo de celebración do Día das Letras Galegas, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. Sábado 20 de amio ás 12:00 h.

Lugar: Biblioteca Pública Ánxel Casal - Santiago de Compostela