Axenda

Mounqup + Silvia Penide + Fee Reega
sábado 03 xuño 2017
Vistas : 239

Cancións doces e oscuras, folk vaporoso cunha voz hipnótica, Fee Reeganaceu en Balingen no sur de Alemaña e pasou polas escenas musicais de Berlín e Madrid antes de mudarse a Asturias, onde actualmente reside. Publicou discos en alemán, inglés e castelán entre ellos dos LPs de estudio, “La Raptora” (2014) y “Sonambulancia” (2017).

A publicación no 2016 de “Todo pintado de plata” afianza a sólida traxectoria da compositora e intérprete coruñesa Silvia Penide. Emocións, carácter e sinceridade falando de historias das incertidumes humanas.

As persoas que xa escoitamos a Mounqup en directo coincidimos: “¡¡a Bjork galega!!”. So que Camille é francesa de nacemento e galega de adopción. Non vive en Islandia, vive na pequena e lonxana Saumede, no interior de Ourense. Loops e capas de voces, melodías e percusións que van entretecendo unha electrónica potente e xeitosa que se emparenta coas máis altas referencias do xénero. 

https://feereega.bandcamp.com/
https://soundcloud.com/silviapenide
https://soundcloud.com/mounqup

Portas 20:00 | Donativo suxerido para as bandas: de 5 a 10 € | A Nave 1839 é unha asociación cultural, e todas as súas actividades son exclusivas para persoas socias, máis información en www.nave1839.org

Texto: Federico Flesfa
Ilustración: Sara Roca

Lugar: Nave 1839 - A Coruña