O primeiro gran medio de comunicación independente, horizontal e de propiedade colectiva está a piques de ser unha realidade e queremos celebralo coa comunidade que fai posible este proxecto.
A festa será o vindeiro sábado 10 de xuño na Nave 1839 · Centro Social Autoxestionado coas actuacións de Iria Pinheiro (DandyLady) e García Mc.
Entrada entre 5 e 10 euros.