Axenda

Homenaxe a Andrés do Barro
sábado 22 xullo 2017
Vistas : 235

Cancións en directo e "Pop Up Chorus" na homenaxe ao célebre cantautor Andrés do Barro (1947/1989). Várias persoas e músicos admiradores seus, ímoslle homenaxear pola sua contribución e relevancia na música popular. Foi o primeiro en conseguir un nº 1 nunha lingua diferente ao castelán e non o fixo só unha vez, conseguiuno ata en catro ocasións.... Tamén fixo os seus pinitos no celuloide, de todo eso e moito mais vainos falar un experto na vida e carreira de Andrés do Barro. Falecido prematuramente aos 42 anos de edade, foi e segue sendo unha influencia para vindeiras xeracións.
Coa presenza de persoas achegadas ao artista e importantes músicos, que interpretarán varias cancións e culminará cun coro popular voluntario cantando o éxito "O Tren", onde os asistentes son os verdadeiros protagonistas; este "PopUp Chorus" será filmado e transmitido para todo o mundo tres días despois, conmemorando o Día de Galiza.
Apertura de portas 19h. Entrada libre ata completar aforo.

Lugar: The Hush Rock - Vigo