Axenda

Ventebañar 2017
quinta feira 13 xullo 2017
Vistas : 253

Encontro artístico, obradoiros + cocerto-foliada no Miño incluído no programa VERANeARTE. Ven tocar, cantar, bailar, debuxar, escribir, calcetar, estampar camisolas, facer chapas,... ou simplemente VENTEBAÑAR con ou sen parte de arriba.
Tódalas artes son benvidas, se queres partillar algunha das túas habilidades artísticas, fainolo saber e contaremos contigo.
O Xoves 13 de Xullo,en Oira ao lado da Aula de Natureza:
- A partir das 17:00h, obradoiros simultáneos, inclúe un obradoiro de iniciación ao baile galego para as foliadas.
- As 19:00 h: concerto co trío "De cor de lousa"
-Unha vez finalizado o concerto, foliada aberta!!!
Esta actividade está organizada por ASOC.CULTURAL ALGARAVIA e ESCUA dentro do programa de actividades do VERÁNeARTE

Lugar: Praia de Oira - Ourense