Axenda

Foliada do Batán
sábado 29 xullo 2017
Vistas : 235

Á beira do río Grande, no lugar do Mosquetín érguese un fermoso conxunto etnográfico de batáns e muíños.
O marco perfecto para unha foliada!

Sábado 29 de xullo - Foliada do batán

PROGRAMA
13h Como se vivía no Mosquetín? Haberá unha visita teatralizada e demostración do funcionamento do batán e do muíño.
14h Actuación da AC Trubisquiña
14h30 Merenda á beira do río. Trae a túa comida e a pandeireta neste xantar popular no parque de merendas do Mosquetín.
16h Actuacion da Ac Trubisquiña Vimianzo
16h30 Actuación de Do Fondo DoPeto

Lugar: O Mosquetín, Salto (Vimianzo)