Axenda

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero
sábado 30 Setembro 2017
Vistas : 273

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero son dous referentes da música popular galega actual. Nas súas longas traxectorias como intérpretes, compositores, docentes ou investigadores, teñen formado parte de destacados grupos e proxectos como Leliadoura,Luvas Verdes , Grupo Tradicional da Agadic, Vaamonde Lamas & Romero, Nova Galicia de Danza, Xacarandaina, Orquestra de Jazz de Galicia, Aliboria ademáis de seren os autores da colección didáctica Pel & Madeira, e teren colaborado con un sinfín de artistas.
Agora presentannos unha completa viaxe a través das ferramentas da tradición musical de Galicia : Os Instrumentos Populares Galegos.
O seu amplo coñecemento do folclore galego e a súa condición de virtuososmultiinstrumentistas permitelles ofrecer un entretido Concerto no que amosan 24 Instrumentos Populares interpretado en formato de dúo, combinando un instrumento melódicoe outro de percusión. 
Os instrumentos que se incluen son: gaitas de diferentes feituras e sonoridades, acordeón diatónico e cromático, zanfona, asubío, requinta, frauta, trompa, tambor, bombo, pandeiro, pandeira, tarrañolas, lata, tixola, noz, pandeireta, cunchas, culleres e charrasco. 
O Concerto completase coa presentación e descripción básica de cada instrumento, a súa evolución ó longo dos anos e as posibilidades que hoxe en día ofrecen.
A duración do Concerto é de aproximadamente unha hora. 

Lugar: La Cosechera - Lugo