Axenda

Fuzzo
sexta feira 27 outubro 2017
Vistas : 298


Fuzzo é o proxecto duns músicos que se sinten comodos sempre no fío da navalla. Esta formación reúne a tres estrelas da escena do jazz galego: Virxilio da Silva na guitarra, Xan Campos nos teclados e Chus Pazos na bateria. Defínense a si mesmos como unha banda de improvisación libre acumulativa e fan dos seus concertos unha verdadeira experiencia de salvaxe éxtase creativo.

Nesta ocasión presentanse con artista gráfico Luis Davila que se fará cargo de proxeccions de debuxos que se mesturan coa música en directo.

De todo o que fan estes tíos, pódese dicir que son especialmente habilidosos na deconstrución de debuxos e ideas musicais, e que se teñen aventurado nunha estética más próxima ao rock, sen abandonar a improvisación como canle fundamental de expresión plástica e musical.

Lugar: Sala Karma - Pontevedra