Axenda

Ataque Escampe + Tanxugueiras
sexta feira 03 novembro 2017
Vistas : 251

Ataque Escampe segue repartindo amor na segunda parte da xira de presentación do LP Primeiros bicos, que se inaugura cun CONCERTO ESPECIAL no Auditorio da Ramallosa (Teo) en formato -atención- SEXTETO, cos teclados de Álex Salgueiro (Álex Salgueiro Trío, Malandrómeda, Inmaculate Fools, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Galegoz...) e un repertorio un tanto diferente pero eh, sen pasarse.

Atención, que tamén nos acompañan nada menos que as Tanxugueiras. Todo ás 22h o venres 3 de novembro. Entrada libre até completar aforo, que malo será.

Lugar: Auditorio da Ramallosa - A Ramallosa, Lucí (teo)