O 16 de novembro ás 19:00, hai movida no CSA do Sar. Rúa Curros Enriquez nº 28. Entrada libre.
Tedio- Máximo expoñente mundial do estilo en auxe que ameaza con desbancar ao Trap entre xs adolescentes, Post-JaviBombinExperience.
Vale! Gringo - Post-punk para bailar, corear "Oi-Oi-Oi","Lo-Lo-Lo" e facer unhas catas de Kung-fu. https://pequenamorte.bandcamp.com/album/teu-territorio-catro-paredes
Liquen - Post-todo. Instrumental, porque os cantantes non molan, e todo aquel que tocou nunha banda é consciente. https://postliquen.bandcamp.com/
Tenue - Screamo. Peña chorando de raiba. A ratos tocan moi rápido, outras veces lento, pero sempre tocan forte. https://tenuepunx.bandcamp.com/
Despois do concerto haberá ceador vegano, cervexa artesá, e pincharanse uns temas para amenizar o seitán e invocar a Satán.
Todos os cartos do concerto irán destinados a acondicionar o local de ensaio aberto da parte inferior do CSA.