Axenda

Chotokoeu
domingo 19 novembro 2017, 20:30
Vistas : 155

Cando uns bos amigos se unen para facer o que máis lles gusta, teñen as mesmas inquedanzas e ven o mundo de xeito semellante…Cal é o resultado? A resposta é sinxela: Chotokoeu, 10 anos facendo un soño realidade con máis de 500 concertos en 13 países. E non é só un grupo de músicos, se non tamén un colectivo 100% autoxestionado que organiza as súas xiras, deseña, prepara campañas de publicidade e todos os traballos que non se ven enriba do escenario. E por se fose pouco, tamén se pon do outro lado e organizan eventos, festas e un festival multidisciplinar que vai pola súa 6ª edición, o “Vibra Balboa”.

Agora, Chotokoeu visita o Aturuxo dentro da súa derradeira xira.


Lugar: Aturuxo - Bueu