Axenda

The Manueles
quinta feira 23 novembro 2017, 22:00
Vistas : 133

The Manueles na Borriquita de Belém

Virxilio da Silva guitarra
Juansi Santome bass
Chus Pazos batería

'The Manueles, é un grupo de SURF ROCK que repasa o legado que deixou a inspiración do fundador do estilo na California de finais do 50's. Manuel Freitas, emigrante de Beluso en California, creou o grupo xerme do estilo sen chegar a gravar nunca un disco, The Black Rinchas. A pesar do seu nulo legado discográfico a súa lenda inspirou a grupos posteriores como The Shadows, The Ventures, Dick Dálle e mesmo ao pioneiro da guitarra eléctrica Link Wray.

O repertorio de The Manueles baséase nese legado de segunda man, para investigar a dimensión sonora que Freitas creou indirectamente con The Black Rinchas. Con arranxo a esa tradición tamén revisan algún standard de jazz rebozado no que poderiamos chamar un Black Rincha flavouring.'

Lugar: Borriquita de Belém - Santiago de Compostela