Axenda

Puerta Sur
sexta feira 22 decembro 2017, 21:00
Vistas : 208

VENRES 22 21:00 5€
PUERTA SUR
A culpa foi de Jorge Pardo. Este enorme músico que fixo de alcahuete entre o jazz e o flamenco visitaba Galicia acompañado dalgúns dos músicos deste trío. Nunha pirueta de casualidades, produciuse o encontro no escenario. E xurdiu a maxia. Así que Dani Domínguez (batería), Joan Masana (baixo eléctrico) e Ton Risco (vibráfono) botaron a andar este proxecto que abraza o jazz de temas orixinais e vísteo de ritmos flamencos nunha formación nada habitual. 

Lugar: Casa das Crechas - Santiago de Compostela