Axenda

O que Saben os Corpos
quinta feira 21 decembro 2017, 21:00
Vistas : 186

XOVES 21 21:00 3€/13€ con libro
Ó QUE SABEN OS CORPOS (Quico & Amig*s)
Poesía + performance + músicas. Presentaranse parte dos poemas que forman a obra… ‘Ó que saben os corpos no que dura unha dársena…', ademais doutras poesías novas que apunten cara onde se encamiña a viaxe vital do autor, os novos sabores atopados, nun recital e corte performático. Todo na compaña de varios convidados (Rochi Nóvoa, Roberto Sobrado, Alexandre Cabanelas, Anxo Blas...) que se mesturarán cos versos e, tamén, presentarán algunha que outra cousiña propia, pra que o acto se converta en toda unha celebración por ter acadado un crowdfunding que ten implicada a tanta xente. 

Lugar: Casa das Crechas - Santiago de Compostela