Axenda

Mamá Cabra
sexta feira 02 febreiro 2018, 20:00
Vistas : 289

O Teatro Municipal de Tui acolle o venres, 2 de febreiro, ás 20h a Mamá Cabra presentando o seu último espectáculo "Paxaro amigo, música para a paz".

Neste evento teatro e música conxúganse á perfección incidindo en construír un mundo mellor e máis xusto. A vida da bruxa Discordia cambiará para sempre grazas a súa curmá a fada e a un ornitólogo que busca un paxaro en extinción que só vive en recunchos de amor e paz.

Sobre o escenario estarán Gloria Mosquera, voz, guitarra e actriz; Iago Rodríguez, baixo e percusión; Diego Maceiras, teclado e acordeón; Harry Prince, violín, e Luís Iglesias “Luchi”, actor.

Vai dirixido a público familiar a partir dos 3 anos.

Entradas á venda ao prezo de 4€ e 3€ en culturatui.info e o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes.

Lugar: Teatro Municipal - Tui