MJ Pérez regresa a Oleiros para presentar o seu último disco "Casandra" no Teatro As Torres de Santa Cruz, acompañada por Pablo González á guitarra e ao teclado.
"Casandra" é o primeiro álbum de estudio da artista arzuá, no que tamén é partícipe a súa banda e colaboracións espaciáis entre as que se atopa Ailén Kendelman, Richi Casás, ou Paco Cerdeira. Unha fusión de diferentes estilos que amosa unha clara evolución na música de MJ.
Agardamos por vós para compartir unha tarde do máis especial!
Será o martes 6 de Marzo, ás 20:30h, Teatro As Torres de Santa Cruz.
E para ir abrindo boca... https://youtu.be/qiBD9TvdX9w