Axenda

Som do Galpom
quinta feira 19 abril 2018, 22:00
Vistas : 318

Som do Galpom na Borriquita de Belém [3€]

Som do Galpom é grupo orixinal e heteroxéneo que mestura diferentes estilos musicais; a súa particular aposta vai dende o funk ata reggae pasando polo rap! Rap orgánico lle chaman...
Veñen dende A Moninha, unha aldea perto de Compostela, e levan uns cantos anos percorrendo os escenarios amosando o seu enérxico directo!
A súa discografía está composta por dous traballos de estudo: Em terra de ninguen e A Galinha de Troia.
Na actualidade voltan aos escenários despois dun breve paréntese e con máis ganas que nunca!!!
Compoñentes:
Gael Bassave (voz)
Brais Bassave (violino)
Guille Vistoso (guitarra)
Iván Bernárdez (baixo e teclados)
Pablo Rey (batería)

Lugar: Borriquita de Belém - Santiago de Compostela