Axenda

XVI Castañazo Rock
From sexta feira 02 novembro 2018
To sábado 03 novembro 2018
Vistas : 955

COMUNICADO

Lamentamos moito comunicar que La Phaze non poderán estar no #CastañazoRocK2018

Por graves problemas de saúde do seu cantante Dammy ao ter que ser hospitalizado por unha recaída no seu Tendón de Aquiles (lesión que sufriu no verán) provocándolle unha nova intervención cirúrxica, impide que poida continuar coa súa xira polo que se ver obrigados a cancelar tódolos concertos que tiñan previstos.

Desde aquí desexámoslle unha pronta recuperación da súa lesión. Tiñamos unha ilusión enorme por poder contar con esta banda, polo que esperamos que nas próximas edicións poidamos gozar todos do seu electrifícante directo.

Sentimos as molestias ocasionadas.

Pola contra temos unha boa nova: Traballamos a contrarreloxo para atopar substitutos de garantías, e disfrutaremos igualmente dunha banda internacional de primeiro nivel:
Eles son N.O.H.A. (Noise Of Human Art) dende a República Checa. Seguro que os coñecedes por temas tan populares como “Tu Cafe” ou “Di Nero”. Estamos ante unha das bandas máis importantes e influentes da música electrónica. Menudo directazo nos espera!



Lugar: Mercado Gandeiro - Chantada