Axenda

Foliada de Montemaior
sábado 12 maio 2018, 20:00
Vistas : 195

O vindeiro sábado 12 de maio compartiremos música e baile nunha Foliada no Hospital dos Peregrinos no Campo de Santa Margarita de Montemaior (A Laracha).

Montemaior é un deses pequenos grandes lugares para a nosa música. Un de tantos baluartes bergantiñáns do patrimonio musical. E neso, na conservación, transmisión e difusión do saber de Montemaior xogou e xoga un papel indispensable, vital e transcendental, Olimpia, máis coñecida como Olimpia de Montemaior.

Como non podería ser doutro xeito, na foliada estará Olimpia cantando e botándolle unhas bailas xunto cos veciños de Montemaior e outros amigos da volta.

Non vos perdades esta Foliada!

Pagarase unha pequena entrada, equivalente ao reparto entre os asistentes do custo da cea. E, contaremos cunha zona con xogos e material para que se entreteñan os pequerrechos da casa.

Ata o 10 de maio estarán as inscricións abertas! (Teléfono de contacto:667081840)

Vinde espallar Montemaior de alegría e agarimo ó son da música tradicional! 

Lugar: Hospital dos Peregrinos - Montemaior (A Laracha)