Axenda

Copa Turbo + Lamprea Explosiva + Xabito Emsi + Ciega y Peligrosa
sexta feira 27 abril 2018, 23:55
Vistas : 264

copa turbo non é o mesmo que o SD Carcasia. podería darse o caso, mais non é así. dende a concellería de "festejos y otras movidas" de copa turbo queremos facervos saber un par de cousas. aínda que a nosa carencia tanto de metas na vida coma de organización poida facervos pensar que non íbamos sacar algo como un EP chamado SUPER5, o feito é que esto existe, así como unha elevada probabilidade de que suceda nas próximas semanas. este hipotético EP, hipotéticamente grabado por Álvaro "o de Músculo", estaría formado por 5 cancións as cales serían para copa turbo o que María José a conserje é (ou polo menos era ata onde nos sabemos) ao colexio de Dodro. e, aínda que poderíamos sacalo sen máis, sen pena nin gloria cómo adoita dicirse, isto suporía un menor consumo de servesas, algo totalmente contrario aos dogmas establecidos por copa turbo na primeira carta do apóstol manuelao aos líderes espirituales presentes na lareira o sábado de pascua, no ano 0, ano do nacemento de copa turbo. por iso, para celebralo, queremos que nos acompañedes nunha pachanga que imos montar o venres 27 deste mes, abril, na Rúa, en Catoira, que enfrentará a dous clásicos do fúbol das últimas décadas como son copa turbo e Ronaldo ("o jordo", o real, o puto OG do 4-4-2, non o matao ese de serresiete). nos, se foramos vos, asistiríamos porque ten boa pinta o roio. 
andade atentos porque, estas novas, do mesmo xeito que as desgrazas, sempre veñen unhas cuántas xuntas. estas semanas iremosvos informando de todo con máis detalle pa que non vos perdades nada.

gracias chavales

Lugar: A Rúa - Catoira