Axenda

Festa Primavera no Ecolectivo
sábado 21 abril 2018, 12:00
Vistas : 224

Teremos artístas convidados que nos amenizarán con música en directo máis unha Sesión de Micro Aberto na que queremos que participedes.

Parte da compañía de Danza de Juan Cid ofrecerá unha clase aberta de Contact e algunha sorpresa máis na que tamén queremos que participedes.

Como todos os anos contaremos con unha deliciosa oferta de comida consciente e preparada con moito amor.
Para beber, disporemos outra vez da presencia de Vacaloura a Cervexa Artesán por excelencia, barra de Agro-coltelería con Mojitos e Tequilas Sunrise máis unha estación de Zumes Naturais, Sesión Vermut e máis cousiñas.

Queda o espazo aberto para que o coñezades e para o disfrute e a celebración dun encontro fermoso que xa repetimos por cuarta vez.

Ecolectivo – Oasis de Natureza e Vida Consciente 
Vigo – Sárdoma – Camiño Monte da Serra 38

Lugar: Ecolectivo - Sárdoma (Vigo)