Axenda

Tino Baz
sexta feira 11 maio 2018, 22:00
Vistas : 177

Este venres 11 de maio, ás 22.00h Tino Baz en concerto en Ingrávida. Non perdades!

Tino Baz, un dos mellores cantautores galegos adicados á musica tradicional con especial adicación á zanfona. Unha delicia de voz que enche esta sala coma se tivera dez micrófonos pegados, un sentir que pon o coiro de pita e unha poética propia e admirable.

Poeta, creador, recuperador da tradición oral galega, Tino Baz é un valor que temos a sorte de poder ter aquí esta fin de semana.

Lugar: Sala Ingrávida - O Porriño