Axenda

Airiños da Freba
sábado 26 maio 2018, 23:55
Vistas : 143

Concerto en La Cosechera o sábado 26 de maio ás 23:55 h.

Airiños da Freba somos unha Asociación cultural dedicada ó estudio, recolleita, investigación e divulgación da música tradicional da provincia de Lugo. O sexteto Airiños da freba é un dos froitos deste traballo.
A nosa proposta: unha divertida viaxe musical pola provincia de Lugo, principalmente polos anos 30,40 e 50 do século pasado cando diversos conxuntos xa incorporaban outros instrumentos de vento xunto coa Gaita para amenizar as nosas festas.

Airiños da freba somos:

Víctor Manuel Villamor Yáñez ( Gaita)
Rebeca Tallón ( bombo con pratos)
Daniel Carballo Penelas ( voz, caixa e percusión)
José Manuel Díaz López ( acordeon e coros)
José Antonio Rodríguez Redondo ( clarinete)
Luís Quintana Bernardo ( Saxo soprano e coros)

Lugar: La Cosechera - Lugo