Axenda

Zumaque Trío
quinta feira 17 maio 2018, 20:30
Vistas : 99

Zumaque Trío é unha formación de recente creación, integrada por tres músicos afincados en Compostela, cunha longa traxectoria nos seus eidos musicais. A arpista bretoa Bleuenn Le Friec, cunha dilatada experiencia na música sinfónica, o contrabaixista Alfonso Calvo, vencellado a múltiples proxectos de jazz e ás músicas improvisadas, e o clarinetista Pablo Pascual, que desenvolveu a súa carreira en diversos ámbitos pero sempre comprometido coa música tradicional galega.

Zumaque Trío propón un percorrido renovado polos diferentes ritmos da música tradicional, cunha absoluta renovación estética e cun importante espazo para a creación espontánea e a improvisación. Poñen en valor e dinamizan estruturas e harmonías da música tradicional, cunha tímbrica novidosa e uns coidados arranxos.

Lugar: Fundación Vicente Risco - Allariz