Boas xente! Dende Nuh Face voltamos a carga coa terceira edición de Ride di Riddim: Reggae Voices.
Xa ides sabendo com vai o conto:un selectah e unha morea de cantantes con moito talento,nesta ocasión voltaremos ter a 13 participantes, e como novidade temos a incorporación de I Gardo.
O evento terá lugar, na que xa é anosa segunda casa, a Sala Doppler Vigo; con toda a noite adicada a Reggae Music e sobre todo ás Reggae Voices
Para a Ride di Riddim Vol teremos ata 13 cantantes, que van dende os máis experimentados e coñecidos ata as novas incorporacións,todos eles deleitarannos con temás propios, versións, colaboracións, baixo os ritmos lanzados por Nahno Selectah.
A lista de participantes ó micro é a seguinte:
- Crespo.
- Sutta.
- Don Pol.
- High Paw.
- Ras Canelow.
- Jah Toni.
- Laura Mercy.
- Ranking Sepah.
. Ruben Rebel.
- Black Garlick.
- Rendi Nue
- Iyaman.Pablo.
- I Gardo.
Oportunidade única de ver o gran nivel das voces do reggae da zona todos xuntos e de participar nunha gran festa!
A entrada é de 5€ e comezaremos puntuais que hai moito talento que degustar.
Big Up!!!!