Axenda

Festeo
domingo 10 xuño 2018
Vistas : 114

O 10 de xuño chega unha nova edición do Festeo á carballeira de Francos en Calo. Será unha xornada de festa, diversión, cultura e moita música. As asociacións de Teo amosarán o seu bo facer e pecharemos cun concerto da cantautora Sés. O Festeo comparte espazo coa Feira da Terra. Unha oferta moi completa nun espazo único!

Lugar: Carballeira de Francos - Rúa de Francos, Calo (Teo)