Axenda

Aldaolado
quinta feira 28 xuño 2018, 21:00
Vistas : 151


XOVES 28 21:00 5€ (RGMV)
ALDAOLADO
- CRIA FAMA E BOTATE A CORRER -
Aldaolado son Lucía Aldao e María Lado, poetas de consolidada carreira, que no 2005 uniron os seus nomes e os seus esforzos para dar lugar a este dúo orientado á poesía escénica, co que conseguiron facer do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo aquel que nunca leu poesía. A súa espontaneidade e complicidade en directo é a base sobre a que crearon case unha ducia de espectáculos. Con eles actuaron en centos de escenarios do máis variado, tanto en Galiza como máis aló das nosas fronteiras. Tamén lles dou tempo de facer unha boa morea de fans aos que queren render homenaxe nesta nova montaxe.

Lugar: Casa das Crechas - Santiago de Compostela