Axenda

Praza dos Libros
From quinta feira 05 xullo 2018
To domingo 08 xullo 2018
Vistas : 514

Concertos infantís d@s músic@s favoritas da rapazada, como Pablo Díaz, Paco Pakolas, Mamá Cabra ou Paco Nogueiras. Presentacións e sinaturas de libros cos autores e coas autoras máis relevantes do momento, como Pedro Feijoo, Rosalía Fernández Rial, Manuel Rivas, Enma Pedreira, Xan Fraga, Eli Rios, Mercedes Queixas, Héctor Pose, Anaír Rodríguez, Miro Villar, Beatriz Fraga... Catro días de imaxinación, creatividade, animación, contacontos, música, libros, presentacións, lingua, premios (máis de 500 premios, si, 500!, como camisolas, libros, chapas, chaveiros, discos...) e moitas outras propostas que encherán de ilusión Carballo. Unha feira da creatividade cultural que se abrirá co pregón da cantora de raíces carballesas SES e que procura achegarlle á cidadanía a creación galega e propostas frescas do ámbito literario, musical e, en definitiva, artístico.

E, ademais, o xoves pola mañá daremos a lata (de atún Calvo) e o domingo, con cada libro, un pan! Todo isto fundido estes dous días coa feira tradicional de Carballo... Unha festa de ideas!

Do xoves 5 ao domingo 8 de xullo
Praza dos Libros
FEIRA DA CREATIVIDADE CULTURAL
Xardín Municipal de Carballo

Programa completo en .pdf, aquí: http://www.carballo.org/media/documentos/Programa_Praza-dos-Libros_Carballo_2018.pdf

Lugar: Xardín Municipal - Carballo