Axenda

Dous
sexta feira 07 Setembro 2018, 22:00
Vistas : 157

DOUS en cuarteto no Bâbâ Bar (Circuito Agadic)

DOUS inicia o 7 de setembro no Bâbâ Bar da Coruña unha serie de concertos especiais en formación de cuarteto nos que presentará os temas do seu último traballo discográfico “A viaxe de Yoyo” xunto a unha selección de pezas dos seus discos anteriores.

Fernando Abreu nos clarinetes e Pablo Carrera nas guitarras estarán acompañados nestes concertos polos colaboradores habituais dos seu discos: o contrabaixista Pablo Pérez Sanmamed e o batería Marcos Vázquez.

A música de DOUS mestura influenzas das músicas do mundo e do jazz nun repertorio de composicións orixinais que na súa presentación en cuarteto vólvense máis enérxicas e abertas á improvisación.
22:00h 

Lugar: Bâbâ Bar - A Coruña